A biblioteca do cole está preparada para a chegada do Nadal. Vinde a visitala! Está espectacular!
jueves, 4 de diciembre de 2014
jueves, 19 de junio de 2014
FIN DE CURSO 2013/2014
A Trasnoteca agradeceu os seus axudantes a súa colaboración durante este curso cunha gran festa de despedida na que houbo bebidas, algunha larpeirada e agasallos para todos os alumnos e alumnas, que desinteresadamente colaboraron en todo o necesario. Moitas grazas a todos. FELIZ VERÁN!
jueves, 29 de mayo de 2014
REPRESENTACIÓN TEATRAL
Este ano rematamos as actividades da nosa biblioteca coa representación teatral "O PRINCIPIÑO" realizada polos alumnos/as de 6º B. A continuación veredes algunhas fotos.
martes, 13 de mayo de 2014
CERTAME LITERARIO
Están expostos polos corredores do centro os finalistas do CERTAME LITERARIO "Falando de solidariedade". A entrega de premios terá lugar en Xunqueira de Ambía o venres 16 de maio a partires das 17.00 horas.
viernes, 9 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS 2014 - Xosé María Díaz Castro
Xa tedes na biblioteca do cole varios exemplares de cómic coa vida e obra de Xosé María Díaz Castro, o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014. Esperamos que vos guste...
viernes, 28 de marzo de 2014
Día do libro 2014
Dende a biblioteca propoñemos un orixinal marca páxinas para todos os alumnos/as do CEIP Padre Feijoo de Allariz, conmemorando o día do libro (23 de abril).
A continuación veredes o video desta proposta tan divertida.
A continuación veredes o video desta proposta tan divertida.
miércoles, 19 de marzo de 2014
EL NEGOCIO DE PAPÁ
O pasado venres 14 de marzo Alfredo Gómez Cerdá visita a biblioteca do CEIP Padre Feijoo de Allariz e interactúa cos alumnos/as do 3º ciclo.
martes, 11 de marzo de 2014
LIPDUB "O ZOO DOS NENOS"
Un lip dub é un tipo de vídeo musical gravado dunha soa toma no que un grupo de persoas realiza playback e acompaña con movementos acompasados nun tema musical.
O colectivo de mestres/as e alumnos/as do CEIP Padre Feijoo de Allariz traballaron conxuntamente na proposta que xurdíu dende o equipo de biblioteca.
A continuación presentamos o resultado final a dita proposta, despois de moitos ensaios e preparativos.
miércoles, 5 de febrero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)