viernes, 30 de octubre de 2020

DÍA DE SAMAÍN / HALLOWEEN

 Ola rapaces, xa estamos en tempo de Samaín / Halloween e sabedes que temos libros de terror (e outros non tanto) á vosa disposición na Biblioteca. Aquí podedes ver alguns exemplos.



sábado, 24 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

 Ola neniños e neniñas, 

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro dende o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxetivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñocemento ao traballo dos bibliotecarios/as.

Na biblioteca do cole estánvos esperando unha morea de títulos para que os disfrutedes. 

Feliz día!!!



lunes, 19 de octubre de 2020

PRÉSTAMOS E DEVOLUCIONS

 Ola neniños, este curso xa sabedes que é un pouco diferente e hai cousas da nosa rutina escolar que tiveron que cambiar. Unha delas foi a Biblioteca.

Moitos de vós preguntastes nestes meses cando abría as súas portas e se poderiades levar libros para casa. De momento ese ratiño de lectura que tiñamos na biblioteca nas horas do patio, non pode ser; pero a mestra Susana organizou quendas durante as mañás para que poidades levar libros para casa coma sempre. Lembrade que seguides tendo 15 días para lelos.

DÍA DAS ESCRITORAS

 Ola rapaces e rapazas, hoxe celébrase o día das escritoras e en moitas bibliotecas teñen actividades relacionadas con esta importante data: charlas, recitais...o lema deste ano é "O esforzo cotiá das mulleres".

A millor maneira que temos de homenaxealas é lendo, lendo un libro escrito por unha muller. E estamo seguros que coñecedes a moitas.