miércoles, 29 de abril de 2020

DENDE A BIBLIO RECOMENDAMOS...

Ola neniños,

Aínda que a nosa Biblioteca esté pechada, gustaríanos recomendarvos un libro ben bonito. Seguro que algún de vos o ten na casa e se non...anotade o título porque o temos na Biblioteca para que o poidades levar cando volvamos ao cole.
Se clicades na imaxe, podedes velo por dentro.
 
https://www.youtube.com/watch?v=0_qqRaTd3R4
 

martes, 28 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Ola nenas e nenos;

Este blogue tivémolo este ano un pouco paradiño, e que mellor maneira de retomar a actividade que deixando este vídeo cos vosos traballos polo día do libro.

Antes de que o vexades, o Equipo da Biblioteca quérevos dar as GRAZAS pola vosa participación. Foron tantos, tantos, tantos os recibidos que tivemos que facer unha selección de todos eles. Totalmente ao azar.

Todos os traballos son marabillosos e, se retomamos as clases neste curso, estaremos desexando velos todos polos corredores do colexio. GARDÁDEOS!!!

Vémonos pronto!!!