martes, 29 de noviembre de 2022

NOVIDADES

 Ola rapaces, xa temos máis novidades na Biblioteca para que poidades disfrutar da lectura.


 

miércoles, 19 de octubre de 2022

CURSO 2022-2023

Ola!  queridos nenos e queridas nenas! Benvidos/as a un novo curso que iniciamos cheos de ilusión e de "normalidade". Davos a Benvida a mascota da Biblioteca: Trasnoteca!. 

Faime moitísima ilusión compartir con vos as novidades dos libros que xa están nos andeis. 

Ánimo!!! a devorar libros, cómics...en galego, en castelán...

Eu estarei sempre ahí... pendente de vos e lendo nos recunchos da Biblioteca. 

Unha aperta enorme!!! 😅😊💚💛💜💝 



viernes, 6 de mayo de 2022

BOOK FACE E CARTÓN ARTE-DÍA DO LIBRO 2022

 


Queridos Nenos e Nenas, presentamos dende o Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Tics... este fermoso vídeo no que vos, sodes os protagonistas!!!

Fixemos un Book Face que consiste en fundirse coa portada dun libro encaixando a cara e algunha parte do corpo. E tamén un Cartón Arte expoñendo os nosos libros. Que bonito quedou!!! agardamos que vos guste tanto coma a nos!!!

Moitas apertas do Equipo da Biblioteca!!!

Hasta pronto!!

DÍA DO LIBRO 2022

 


Queridas e queridos amigos lectores!!!

temos o pracer de presentarvos unha preciosa actividades do día do libro feita polos vosos compañeiros/as de 6º de primaria.

Os colaboradores da Biblioteca coordinados pola mestra Sara interpretaron unha obra de teatro titulada: "COIDADO COA CHARCA".

Esta obra foi representada ante os cativos de Educación Infantil. Fixérono tan ben que os nosos pequenos e pequenas do cole quedaron entusiasmados e portáronse de marabilla!!!.

Parabéns a todos/as!!! e sobre todo moitas gracias!!!

Disfrutade dela!!!😍😍😍





martes, 5 de abril de 2022

NOVIDADES MES DE ABRIL 2022

 Bo día queridos lectores/as do colexio!!!

Por fin chegaron! por fin xa están aquí!!Por fin...!! 👏👏👏👏👏👏 Que ledicia ver os andéis a rebosar de novidades en galego, en castelán, para os máis cativos, para os máis veteranos 😊 para todos/as!!!.

Deixámosvos a proba de que é certo neste vídeo. 💃💫💃

Que pasedes unha boa Semana Santa lectora e de descanso e diversión. 

Ata a volta!!! Unha aperta enorme do Equipo da Biblioteca!!! ❤💙💚💛💜







martes, 22 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA


Bo día queridos/as lectores/as!

Despois dun tempo (grande) de parón, aquí estamos de volta!

Cando as cousas necesitan mellorar... normalmente hai que ter un tempo de reflexión e de traballo para poder conseguilo. Eso pasa en todas as facetas da nosa vida: na casa, no colexio, coas amizades, co traballo...

Voltamos cheos de enerxía e de novidades!!!

Para empezar, (como xa prometeramos),  puxemos a andar o Club de Lectura co alumnado voluntario de 6º de primaria. Son en total 15 integrantes que "devoran" libros!, ademáis de axudar moitísimo no bo funcionamento da nosa Bibioteca!!

Gracias Rapaces e Rapazas!!!

Aquí están co primeiro libro (en castelán) do primeiro trimestre: "LOS VIAJES DE GULLIVER" encantounos este libro e era de lectura obrigada por ser un clásico infantil e xuvenil.

No segundo trimestre cambiamos de estilo e estamos lendo (esta vez en galego) un cómic de Asterix: "ASTÉRIX E CLEOPATRA". Entusiasmados/as estamos todos/as coas aventuras destes Galos!!


E de momento ata aquí podemos contar...

Aínda non podemos dicir cal vai ser o libro do terceiro trimestre porque é sorpresa!!
De todas formas estes libros estarán dispoñibles nos andeis da Biblioteca moi pronto para todo o alumnado do colexio!!!

Unha aperta enorme do Equipo da Biblioteca!!! 💚💙💛💜😍😍😍