martes, 22 de marzo de 2022

CLUB DE LECTURA


Bo día queridos/as lectores/as!

Despois dun tempo (grande) de parón, aquí estamos de volta!

Cando as cousas necesitan mellorar... normalmente hai que ter un tempo de reflexión e de traballo para poder conseguilo. Eso pasa en todas as facetas da nosa vida: na casa, no colexio, coas amizades, co traballo...

Voltamos cheos de enerxía e de novidades!!!

Para empezar, (como xa prometeramos),  puxemos a andar o Club de Lectura co alumnado voluntario de 6º de primaria. Son en total 15 integrantes que "devoran" libros!, ademáis de axudar moitísimo no bo funcionamento da nosa Bibioteca!!

Gracias Rapaces e Rapazas!!!

Aquí están co primeiro libro (en castelán) do primeiro trimestre: "LOS VIAJES DE GULLIVER" encantounos este libro e era de lectura obrigada por ser un clásico infantil e xuvenil.

No segundo trimestre cambiamos de estilo e estamos lendo (esta vez en galego) un cómic de Asterix: "ASTÉRIX E CLEOPATRA". Entusiasmados/as estamos todos/as coas aventuras destes Galos!!


E de momento ata aquí podemos contar...

Aínda non podemos dicir cal vai ser o libro do terceiro trimestre porque é sorpresa!!
De todas formas estes libros estarán dispoñibles nos andeis da Biblioteca moi pronto para todo o alumnado do colexio!!!

Unha aperta enorme do Equipo da Biblioteca!!! 💚💙💛💜😍😍😍