miércoles, 3 de noviembre de 2021

RELATOS DE MEDO

 Que pasaría se te encontraras coa Santa Compaña? E se resulta que recoñeces as almas que van penando? Estes son algúns dos argumentos para os relatos tenebrosos deste ano.

 


 

https://soundcloud.com/user-146674041/sets/relatos-tenebrosos-2021 

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 Bos días!!!

Como cada mes de outubro celebramos as festividades do día da Biblioteca e tamén do Samaín!!

Gracias queridos nenos e nenas por participar na elaboración de máscaras terroríficas que axudaron a que

 a decoración do colexio faga que veñamos todos un chisquiño máis contentos cada día a traballar! sodes

 xeniais!!.

Xa temos novidades para os andeis!! hai de todo! de medo, de monstros, de futbolísimos...e máis!!.

Así que aquí vos deixamos o primeiro vídeo de este curso para que ao velo veñades correndo á Biblioteca

 para lelos todos!😃😃😃...






martes, 2 de noviembre de 2021

CURSO 2021-2022

 Ola querido alumnado e BENVIDOS/AS a este novo curso que arranca con moita forza!!!

Teremos moitas novidades lectoras!!! e tamén imos formar un CLUB DE LECTURA!!. A este club

 de momento pertencen só o alumnado de 6º de primaria. Son 15 membros e tamén van ser os

 colaboradores da Biblioteca.

Xa iremos informando con fotos, libros escollidos e demáis actividades que se realicen!!!

Tamén publicaremos as novidades dos libros que estarán nos andeis proximamente!!

Unha aperta moi forte e ata pronto!

O Equipo da Biblioteca!! 💚💛💙💖



miércoles, 7 de julio de 2021

FIN DE CURSO 2020-21

 Bo día!!!

Todo o Equipo da Biblioteca Escolar deséxavos un bo verán!!!

 Facemos mención especial ao alumnado colaborador de 6º de primaria que nos "deixa" para comenzar unha nova etapa!.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración durante todo este curso! Grazas polo voso interés, pola vosa axuda, pola vosa alegría.... GRAZAS EN MAIÚSCULAS, sodes xeniais!!!.

Aquí deixamos algunhas fotos da entrega de uns detalles de agradecemento pola vosa dedicación e traballo.

Unha aperta enorme e ata sempre!!! 😘😘💖






viernes, 14 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS-2021

Por que se celebra o Día das Letras Galegas cada 17 de Maio?

A data da celebración escolleuse para homenaxear á publicación do primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro en 1863. Data que marca o inicio do "Rexurdimento", o nacemento cultural galego.

A Real Academia Galega dedica este ano a Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003) o día das Letras Galegas de 2021. Unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea". 

E...queridos nenos/as aqui deixamos un vídeo conmemorativo coa colección dos Bolechas representando a case todos os escritores e escritoras homenaxeados ao longo dos anos!!

Unha aperta e Feliz día das Letras Galegas a todos/as!!!💓💓






jueves, 6 de mayo de 2021

MÁIS NOVIDADES NO MES DE MAIO

Bo día a todos/as!! Este é un mes moi lector! Estamos na Biblioteca cargadiños de novidades!!! Correde a por elas e seguide disfrutando!!!

Moitas apertas do Equipo de Biblioteca!! ❤❤❤❤ 





martes, 4 de mayo de 2021

NOVIDADES DO MES DE MAIO 2021

  Bo mes de Maio a todos os nosos lectores/as!!!

Esta vez vimos cargadiños de boa literatura sobre todo para os máis cativos do cole!!!

Botádelle unha ollada ao vídeo e buscade nos andéis estos contos e historias tan cheas de fantasía e viaxade

 moito coa súa lectura!!!

Sodes Xeniáis!!!! Unha aperta enorme do Equipo da Biblioteca!!!! 😊❤❤❤😅








viernes, 23 de abril de 2021

 Para festexar o Dia do Libro, imos presentar o fabuloso traballo que fixeron os nenos e nenas de Infantil. Queda todo reflectido neste vídeo que amosamos a continuación.

Nos próximos días poremos fotos do libro viaxando polas aulas de primaria! Todo un espectáculo!!!

Moitas Grazas ás mestras e ao alumnado de Infantil!!! ❤👏👏👏😊




 Bo día querido alumnado lector!!!

Como cada ano, hoxe 23 de abril  celébrase o Dia mundial do Libro. Fecha simbólica elexida pola UNESCO pola súa "coincidencia" coa morte de dous grandes escritores como Shakespeare e Cervantes. (ámbolos dous faleceron en 1616).

Aqui van no vídeo as novidades de este mes que xa están nos andeis.

Unha aperta enorme do Equipo da Biblioteca!!!




lunes, 22 de marzo de 2021

NOVIDADES DO MES DE MARZO-2021


Ola de novos queridos lectores e lectoras!!! Xa estamos de volta coas novidades do mes de Marzo! Esperamos que vos guste moito esta selección que fixemos para vos!. Botádelle unha ollada ao vídeo para refrescar a memoria! 
Apertas do Equipo da Biblioteca!!!💖💙😃







viernes, 12 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 2021

 Queremos facer dende a nosa Biblioteca unha pequena homenaxe ao papel fundamental que teñen as mulleres e as nenas na CIENCIA! e en todas as profesións,  co obxectivo de fomentar a súa participación de maneira plena e equitativa!. E ademáis para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento feminino

Aquí vai a nosa pequena aportación!

Unha aperta para as nenas e os nenos... de parte do Equipo da Biblioteca!👏😉😊





lunes, 8 de febrero de 2021

NOVIDADES DE FEBREIRO-2021

 Ola de novo a todas e a todos! 😊

Neste mes de Febreiro volvemos ter NOVIDADES!!. Buscade ben nos andeis os libros que aparecen no vídeo!!

Disfrutade moito coa lectura e descubride novos mundos!!

Unha aperta... do Equipo da Biblioteca!!

💝💙💚💛💜💖






miércoles, 20 de enero de 2021

NOVIDADES DO MES DE XANEIRO 2021

 Ola de novo querido alumnado! Feliz comezo de ano a todos/as!!.

Chegaron novidades para os andeis da Biblioteca!! Xa vistes nas aulas que libros tan bonitos por fora! así que... imaxinade como serán por dentro!!!

Para non ter que imaxinar tanto, o que nos encantaría é que os collades pronto para ler e así poidades desfrutar deles e recomendar os que máis vos gustaron aos vosos compañeiros/as e aos mestres/as!!.

Neste vídeo podedes lembrar os títulos. Pronto teredes máis!!

Unha aperta!

O equipo da Biblioteca!