martes, 2 de junio de 2026

CHARLOTTE BRONTE

 Charlotte Brontë, unha das grandes escritoras da literatura universal en lingua inglesa, tomou vida na nosa Biblioteca da man das nosas mestras. 

Estivemos moi atentos para coñecer un pouco máis sobre a vida de esta grande escritora.


 

LER...LER...LER...

Ola rapaciños, durante estas últimas semanas estivemos a facer moitas actividades no cole e fóra del. 

Bibliopatio, coma tódolos anos sacamos o noso carriño coas vosas lecturas favoritas ao patio. Que non quede ningún rincón sen libro!!!

                                                  

Bibliopatio cos nenos grandes e tamén cos pequenos...

                               

E quizáis a actividade máis especial é a vista que lles facemos aos nosos avoíños/as no Centro de Maiores. Este ano, os nosos colaboradores representaron una obriña de teatro que fixo as delicias dos nosos maiores. Seguro que repetiremos!!!! 

 






 

martes, 21 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO: AUDIOCUENTOS

 Ola a todos e todas! Esta semana estamos de celebración e na nosa biblioteca a maxia non só está nas páxinas, senón tamén no aire. Para festexar O Día do Libro, decidimos converter as historias en sons.

Grazas ao esforzo, á ilusión e ao gran talento de lectura dos nosos colaboradores de Biblioteca, por fin podemos presentarvos un proxecto moi especial: Os nosos primeiros audiolibros!

Unha viaxe en tres linguas

Coa axuda dos pequenos e pequenas, gravamos tres historias marabillosas para que as poidades disfrutar en calquera lugar:

  • En galego: Unha historia moi tenra: A ESTRAÑA VISITA.

  • En castelán: Un relato con moitas personaxes incríbles. ZOG Y LOS DOCTORES VOLADORES.

  • En inglés: THE UNHAPPY GIANT , contiño para grandes e pequenos. .












miércoles, 4 de febrero de 2026

O DÍA DA ILUSTRACIÓN!!!

 O 30 de xaneiro celebramos o Día da Ilustración, unha data moi especial para poñer en valor a importancia das imaxes como forma de expresión, comunicación e creatividade, coincidindo coa lembranza de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura da nosa ilustración e cultura.


Desde a trasnoteca quixemos destacar o papel fundamental da ilustración nos libros, especialmente na infancia. As ilustracións non só acompañan os textos: axudan a comprender mellor as historias, estimulan a imaxinación e fan que a lectura sexa máis atractiva para os nenos e nenas.


Ao longo do día, o alumnado achegouse a diferentes libros ilustrados, descubrindo estilos variados e comprobando como unha imaxe pode contar tanto como unha historia escrita. Foi unha boa oportunidade para mirar con atención, pensar e deixar voar a creatividade.


A ilustración é tamén moi importante no desenvolvemento dos nenos e nenas, xa que lles permite expresarse, entender mellor o mundo que os rodea e gozar da lectura desde pequenos. As imaxes axúdalles a soñar, aprender e sentir emocións.


Desde a trasnoteca agradecemos a participación de toda a comunidade educativa e animamos a seguir descubrindo libros cheos de ilustracións, porque a través delas tamén se aprende e se crece.

viernes, 19 de diciembre de 2025

POSTAIS CON MAXIA

 Dende Biblioteca queremos darvos a s grazas a todas e todos pola vosa participación no Concurso de Postais de Nadal deste ano. Recibimos moitas propostas cheas de creatividade, ilusión e fixo especialmente difícil a elección.


Cada postal amosou talento, esforzo e ganas de compartir a maxia destas datas tan especiais.

Estamos moi orgullosos da participación e do nivel demostrado.

Os gañadores deste ano 2025/26 son:

INFANTIL- Hugo Costa de 6º Infantil.

PRIMER CICLO- Vania Conde de 1º A

SEGUNDO CICLO- India Prieto de 4ºA

TERCER CICLO- Alba Romero de 6º C

Desde aquí queremos desexarvos un moi Bo Nadal e unhas felices festas.

Felices Lecturas a todos.


miércoles, 3 de diciembre de 2025

EMPEZA A CHEIRAR A NADAL!!!

A maxia do nadal xa se sente polo cole, e a trasnoteca non se podía quedar atrás. Esta semana, durante os recreos, comezamos cos obradoiros de decoracións de Nadal  que cada curso se preparan con tanta ilusión e imaxinación.

O alumnado de 5º de Primaria foi o primeiro en inaugurar esta tradición, realizando xa o seu obradoiro de decoracións.


A vindeira semana continuaremos cos demais cursos:

4º de Primaria → Martes 9

3º de Primaria → Mércores 10

2º de Primaria → Xoves 11

1º de Primaria → Venres 12


Ademais, na parede exterior da biblioteca xa están expostas as postais de Nadal realizadas por todos os cursos, cheas de cor, bos desexos e moita imaxinación. Animamos a todas as familias e ao alumnado a pasar e desfrutar desta fermosa mostra colectiva!

Así que xa sabedes, esperámosvos aquí! 

Que comece o Nadal!!!

miércoles, 26 de noviembre de 2025

ABRE CON NOS A PORTA VIOLETA!!!

Onte, con motivo do 25N – Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, a nosa biblioteca encheuse de voz, emoción e compromiso.

O alumnado de sexto de Primaria preparou unha actividade moi especial na que a literatura e a música foron protagonistas.


Ao longo da mañá, os nenos e nenas interpretaron poemas dedicados á igualdade, ao respecto e á convivencia. Cada lectura foi unha invitación a reflexionar sobre a importancia de construír un mundo máis xusto e seguro para todas as persoas.


Para poñer o broche final, os grupos de sexto ofreceron unha fermosa interpretación de “A porta violeta”, de Rozalén. Cantárona con moita sensibilidade e, ademais, acompañaron a melodía tocando o ukelele. O resultado foi un momento máxico que emocionou a todas as persoas presentes.


Desde a trasnoteca queremos agradecer a súa implicación e lembrar que a cultura, xa sexa a través dos libros, da poesía ou da música, é unha ferramenta poderosa para educar en valores.


Grazas por abrir connosco esta porta violeta cara á igualdade!