Ola a todos e todas! Esta semana estamos de celebración e na nosa biblioteca a maxia non só está nas páxinas, senón tamén no aire. Para festexar O Día do Libro, decidimos converter as historias en sons.
Grazas ao esforzo, á ilusión e ao gran talento de lectura dos nosos colaboradores de Biblioteca, por fin podemos presentarvos un proxecto moi especial: Os nosos primeiros audiolibros!
Unha viaxe en tres linguas
Coa axuda dos pequenos e pequenas, gravamos tres historias marabillosas para que as poidades disfrutar en calquera lugar:
En galego: Unha historia moi tenra: A ESTRAÑA VISITA.
En castelán: Un relato con moitas personaxes incríbles. ZOG Y LOS DOCTORES VOLADORES.
En inglés: THE UNHAPPY GIANT , contiño para grandes e pequenos. .