sábado, 13 de abril de 2019

TEMPO DE LECER

Nenas e nenos, xa chegaron as tan desexadas vacacions. Tempo de lecer, de descanso, para xogar... e tamén  para ler. Se o tempo acompaña, aproveitade para facelo ao aire libre e...non vos esquezades de sacarvos unha fotiño para EU LEO AQUÍ, EU LEO ASÍ.

lunes, 8 de abril de 2019

KIBUKO

Hoxe tivemos o pracer de ter como convidado ao escritor Xavier Estévez, autor do libro Kibuko.



Este foi o libro escollido polas mestras de 5º como parte do plan de fomento da lectura no centro, e cabe dicir que, foi todo un éxito.
Os nenos/as estiveron moi atentos a todo o que contou o escritor e non dubidaron en facerlle moitas preguntas.


Nós, quedámonos cunha frase súa "A lectura é un acto de valentes porque deixas de estar tranquilo na túa casa, para estar na cuberta dun barco de piratas ou nunha casa encantada cunha pantasma ou..."
E quedámonos tamén co seu libro adicado. 

Grazas pola visita.

domingo, 7 de abril de 2019

EU LEO AQUÍ, EU LEO ASÍ


Prezadas familias,

Con motivo da celebración do Día do Libro solicitamos a colaboración voluntaria das familias para poder levar a cabo a actividade EU LEO AQUÍ, EU LEO ASÍ. Dita actividade consiste na realización dunha exposición fotográfica nos corredores do colexio de Infantil e Primaria con imaxes orixinais das nenas e nenos nas que se recolla un momento de lectura.

Bases:
  1. Cada alumna e alumno presentará unha foto.
  2. A temática será o hábito lector.
  3. Tamaño 15x20 (tamaño máximo). Virá pegada nunha cartolina a modo de marco (a cartolina poderá vir decorada).
  4. Data límite de entrega : 23 de Abril.


martes, 2 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.


 
Coma todos os días, esperámosvos na Biblioteca do cole, para que pasedes un bo rato, cun bo libro, lendo unha boa historia.