Na mañá do venres tivemos unha interesantísima charla sobre PALEOGRAFÍA. Begoña, ensinounos moitas cousas dos comezos da escritura e os medios que se utilizaban para escribir: diferenzas entre papiro e pergamino, utilización de plumas... Tamén tivemos a ocasión de facer unha pequena práctica con plumas e tinta, toda unha grata e relaxante experiencia.
lunes, 21 de diciembre de 2020
jueves, 26 de noviembre de 2020
NOVIDADES INFANTIL
Ola, todos estes libros son novidades para os neniñxs de Infantil.
Esperamos que vos gusten!!!!
miércoles, 18 de noviembre de 2020
NOVIDADES
Ola, os nenxs a partir de terceiro están de sorte, hai máis novidades para eles. Neste video podedes ver cales son as novas adquisicions.
domingo, 15 de noviembre de 2020
MÁIS NOVIDADES
Os nenos de primeiro e segundo tedes máis novidades na biblioteca. Podedes levalos en préstamo cando queirades.
martes, 3 de noviembre de 2020
NOVIDADES
Ola neniñxs, para os máis pequenos e non tan pequenos, temos novidades na biblio. Xa están preparadiños novos libros para que os poidades levar á casa e disfrutedes coa lectura.
Neste video podedes ver os títulos.
viernes, 30 de octubre de 2020
DÍA DE SAMAÍN / HALLOWEEN
Ola rapaces, xa estamos en tempo de Samaín / Halloween e sabedes que temos libros de terror (e outros non tanto) á vosa disposición na Biblioteca. Aquí podedes ver alguns exemplos.
sábado, 24 de octubre de 2020
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020
Ola neniños e neniñas,
O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro dende o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxetivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñocemento ao traballo dos bibliotecarios/as.
Na biblioteca do cole estánvos esperando unha morea de títulos para que os disfrutedes.
Feliz día!!!
lunes, 19 de octubre de 2020
PRÉSTAMOS E DEVOLUCIONS
Ola neniños, este curso xa sabedes que é un pouco diferente e hai cousas da nosa rutina escolar que tiveron que cambiar. Unha delas foi a Biblioteca.
Moitos de vós preguntastes nestes meses cando abría as súas portas e se poderiades levar libros para casa. De momento ese ratiño de lectura que tiñamos na biblioteca nas horas do patio, non pode ser; pero a mestra Susana organizou quendas durante as mañás para que poidades levar libros para casa coma sempre. Lembrade que seguides tendo 15 días para lelos.
DÍA DAS ESCRITORAS
Ola rapaces e rapazas, hoxe celébrase o día das escritoras e en moitas bibliotecas teñen actividades relacionadas con esta importante data: charlas, recitais...o lema deste ano é "O esforzo cotiá das mulleres".
A millor maneira que temos de homenaxealas é lendo, lendo un libro escrito por unha muller. E estamo seguros que coñecedes a moitas.
domingo, 3 de mayo de 2020
DIA MUNDIAL DA LIBERDADE DE PRENSA
A liberdade de prensa é o dereito que teñen todos os medios de comunicación de investigar e de manter á sociedade en xeral informada dos feitos que suceden no día a día, sen que por elo, poidan ser vítimas de censura, acoso ou algún tipo de coacción durante o exercicio da súa profesión.
miércoles, 29 de abril de 2020
DENDE A BIBLIO RECOMENDAMOS...
Aínda que a nosa Biblioteca esté pechada, gustaríanos recomendarvos un libro ben bonito. Seguro que algún de vos o ten na casa e se non...anotade o título porque o temos na Biblioteca para que o poidades levar cando volvamos ao cole.
Se clicades na imaxe, podedes velo por dentro.
martes, 28 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO 2020
Este blogue tivémolo este ano un pouco paradiño, e que mellor maneira de retomar a actividade que deixando este vídeo cos vosos traballos polo día do libro.
Antes de que o vexades, o Equipo da Biblioteca quérevos dar as GRAZAS pola vosa participación. Foron tantos, tantos, tantos os recibidos que tivemos que facer unha selección de todos eles. Totalmente ao azar.
Todos os traballos son marabillosos e, se retomamos as clases neste curso, estaremos desexando velos todos polos corredores do colexio. GARDÁDEOS!!!
Vémonos pronto!!!