Ola rapaces, como ben sabedes o día 23 de Abril celébrase o día do libro e o noso cole non ía deixar de celebralo como se merece. Este ano houbo moitas actividades para tódalas idades. Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que se fixo.
Tivemos a sorte de que Estefanía Padullés puidera acompañarnos estes días. Estefanía é unha gran ilustradora e escritora de libros infantís e xuvenís.
Durante toda a semana os colaboradores da biblioteca deixáronse ver polo patio do cole con....carriños da compra pero cheíños de......LIBROS!!!! E a esto chamámoslle BIBLIOPATIO!!
Os alumnos e alumnas de Quinto de Primaria foron moi xenerosos compartindo as súas poesías con todo o colexio.
Tamén tivemos un contacontos moi especial; colaboradores da Biblioteca fixeron de narradores e contaron aos máis cativos o conto O gato Sol, utilizando unha técnica xaponesa moi antiga , chamada KAMISHIBAI.
E para rematar os máis maiores do colexio estiveron encantados contándolles contiños aos máis pequenos. Foron uns marabillosos padrinos de lectura.
Felices lecturas!!!