martes, 17 de septiembre de 2024

PREMIO NACIONAL COMIC 2024

 A ilustradora galega, Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024, coa súa obra " El cuerpo de Cristo". Obra na que se aborda o tema da saúde mental. 

Dende a nosa biblioteca, moitos parabens!!!


 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2024/09/16/ilustradora-gallega-bea-lema-premio-nacional-comic-2024-cuerpo-cristo-obra-innovadora-arriesgada-formal/00031726493630074629103.htm

https://www.rtve.es/noticias/20240916/ilustradora-bea-lema-premio-nacional-del-comic-2024-por-cuerpo-cristo/16250320.shtml


 

 

lunes, 16 de septiembre de 2024

AVISO

 Ola rapaces, estades de noraboa. Todos os alumnos/as de quinto e sexto que solicitastes praza para ser COLABORADOR de biblioteca e COLABORADOR EN PRÁCTICAS fostes admitidos. 

Tedes as quendas no corcho do pasillo da biblio.

En breve chamaremos aos nenos/as da quenda OUTUBRO-XANEIRO para un breve cursilliño na hora do patio.

E moitísimas grazas polo voso interés!!!!

miércoles, 11 de septiembre de 2024

INICIO CURSO 2024-25

  Ola queridos nenos/as!!!

Xa estou aquí outra vez. Quen son? Pois son a vosa amiga a TRASNOTECA!! Quero darvos a benvida a este inicio de curso que promete estar cheo de novidades.
 
Neste novo ano escolar teremos a axuda de novos colaboradores dos cursos de 6º de Primaria e como novidade teremos tamén colaboradores en PRÁCTICAS con alumnos/as de 5º.
 
Estamos xa preparando a mesa das novidades, que temos moitas, e moi interesantes. Seguro que vos gustan. Non vos esquezades que ao longo do curso neste blog iremos presentando todos os libros que cheguen a Biblioteca cun video.

Dentro duns días, empezarán a circular as MOCHILAS VIAXEIRAS para que a levedes para casa durante unha semana. Este ano os máis pequerrechos, 1º e 2º de Primaria, tamén terán a súa. 
 
De momento a Biblio no mes de Setembro estará pechada porque temos moito que organizar e no mes de Outubro abrirá as súas portas....non queda nada. 

Así que... ARRINCAMOS CO CURSO!!!!e....FELICES LECTURAS!!!!