O 30 de xaneiro celebramos o Día da Ilustración, unha data moi especial para poñer en valor a importancia das imaxes como forma de expresión, comunicación e creatividade, coincidindo coa lembranza de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura da nosa ilustración e cultura.
Desde a trasnoteca quixemos destacar o papel fundamental da ilustración nos libros, especialmente na infancia. As ilustracións non só acompañan os textos: axudan a comprender mellor as historias, estimulan a imaxinación e fan que a lectura sexa máis atractiva para os nenos e nenas.
Ao longo do día, o alumnado achegouse a diferentes libros ilustrados, descubrindo estilos variados e comprobando como unha imaxe pode contar tanto como unha historia escrita. Foi unha boa oportunidade para mirar con atención, pensar e deixar voar a creatividade.
A ilustración é tamén moi importante no desenvolvemento dos nenos e nenas, xa que lles permite expresarse, entender mellor o mundo que os rodea e gozar da lectura desde pequenos. As imaxes axúdalles a soñar, aprender e sentir emocións.
Desde a trasnoteca agradecemos a participación de toda a comunidade educativa e animamos a seguir descubrindo libros cheos de ilustracións, porque a través delas tamén se aprende e se crece.