Respondemos ás suxestións relacionadas coa Mochila Viaxeira:
- Que libros, revistas...nos recomendarían para poñer noutra ocasión na mochila?
- RECOMENDACIÓN PARA ENGADIR O LIBRO 'THE CRAZY HAACKS' : Acabamos de recibir este libro, haberá que botarlle unha ollada e valoralo. Grazas.
- RECOMENDACIÓN DE INCLUIR O LIBRO 'DE MAYOR QUIERO SER FELIZ': Este libro xa estivo na mochila nalgún curso anterior.
- RECOMENDACIÓN PARA ENGADIR O LIBRO 'MI HERMANO PERSIGUE DINOSAURIOS' : Tampouco coñeciamos este libro, pero pola sinopsis que acabamos de ler en Google, parece moi recomendable. Igual que os anteriores, botarémoslle unha ollada e o valoraremos. Grazas.
- RECOMENDACIÓN PARA ENGADIR 'MORTADELO Y FILEMÓN': Está toda a colección na biblioteca. Pódese levar á casa en calquera momento en préstamo.
- INCLUIR OS CONTOS DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN. Un clásico de toda a vida que supoñemos xa está na maioría das casas.
- RECOMENDACIÓN PARA INCLUIR ALGÚN LIBRO RELACIONADO CON MÉTODOS DE ESTUDIO. Tomamos nota da recomendación.
- INCORPORAR MÚSICA. Se é complicado escoller libros para unha variedade moi ampla de lectores, canto máis música. Galego, castelán, inglés, tradicional, pop, actual....? A suxerencia queda rexistrada, e veremos o que se pode facer.
- Outras suxestións ou actividades para facer relacionadas coa biblioteca escolar.
- TALLERES OU CLUBES DE LECTURA: Interesante suxestión. Estamos a valorala.
- MÁIS TEMPO NA CASA A MOCHILA VIAXEIRA: Moitos comentarios van encamiñados á falta de tempo para ver todo o material, de verdade que o sentimos, pero xa dixemos que para a organización desta actividade, a mochila soamente pode estar unha semana en cada casa.
MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE ADICARON UNS MINUTIÑOS A ESCRIBIR A NOSA ENQUISA.