O 27 de Marzo celébrase o Día Mundial do Teatro.Dita celebración foi creada polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) en 1961 e durante este día celébranse en todo o mundo actos e eventos relacionados coa escena. No noso centro tamén levamos a escena diferentes obras de teatro, pero non soamente son os nenos os actores, tamén os mestres se animan a subir ao escenario. Aquí temos un vídeo con algunhas imaxes das obras representadas no colexio.
Encántame este recopilatorio das distintas obras de teatro feitas no colexio por mestres/as e alumnado. Que non decaiga!! Parabéns!!!
ResponderEliminarFixéronse moitas máis representacions de mestres/as e nenos/as, pero non temos proba gráfica.Unha mágoa.
EliminarMoitas grazas polo comentario.