Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendima, das castañas, das longas noites de choiva,
vento e frío.
Pero tamén é tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo de medo, de moito
medo!!
Medo do bo! Medo que da risa e que fai que o
pasemos moi moi ben!!.
Como tamén celebramos o día da Biblioteca, aquí vos deixamos unhas fotos dos momentos
máis estelares da nosa contacontos especial! A nosa querida Uxía Morán.
Outro dos momentos estelares deste festival, foi o xogo de vasos fluorescentes e
luz negra que interpretaron os colaboradores/as da Biblio coa canción da "familia Addams".
Fixérono tan ben...que so recibiron parabéns e aplausos!.Son uns cracks!!!