miércoles, 8 de noviembre de 2023

INICIO DE CURSO 2023/2024

 CURSO 2023/2024

Hola queridos nenos/as!!!

Son a vosa amiga a TRASNOTECA!! Quero darvos a benvida a este inicio de curso que promete estar cheo de novidades e de sorpresas...todas boas!.

Para empezar, temos un montón de colaboradores/as de 6º de primaria que están axudando moitísimo a ter todos os andeis ordenados e os libros en boas condicións.

Xa chegaron contos espectaculares para os máis cativos de primaria que imos ir presentando neste blog para que todos/as poidades coller e levar para casa ou ler nos recreos.

Dentro duns días, empezarán a circular as MOCHILAS VIAXEIRAS para que levedes para casa durante unha semana. Desde 3º ata 6.

Así que... ARRINCAMOS CO CURSO!!!! Moita sorte para todos/as!!!





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario