miércoles, 28 de noviembre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS EN INFANTIL

Este curso quixemos comezar coas Mochilas Viaxeiras cos nenos de 5 anos.As titoras de Educación Infantil elixiron a principio de curso 40 libros, entre contos ilustrados, de divulgación, letra manuscrita...e repartíronse en 2 grupos, tendo en conta tamén un reparto equitativo segundo a lingua empregada, castelán ou galego. Os venres de cada semana os alumnos/as de 5 anos elixen un conto e lévano para casa nunhas mochilas que se mercaron para protexelos, xa que os hai ilustrados de gran tamaño. Para facilitar o seu reparto no comedor,pois a gran maioría fai uso destes servizos, identificouse cada mochila coa foto e nome de cada alumno/a.



martes, 27 de noviembre de 2018

UN COLE DE LENDA

Biblioteca, Trasnoteca.
Trasnoteca, Biblioteca...
Pero...Como chegou este trasno ata aquí?.
Velaquí a verdadeira historia...


                                UN COLE DE LENDA


Fai moito tempo no patio do cole " Milfollas" había unha montaña.
A todos os nenos e nenas da vila lles encantaba correr e tirarse por alí, pasábano xenial, pero non sempre sucedían cousas boas...
Nun buraco que os nenos fixeran vivía un trasno porcallán que practicaba boxeo cunha folla. Codiciaba as merendas e chamábase Trasnoteca.

Un día, bo para Trasnoteca e malo para os nenos, ao trasno deulle por roubar todas as merendas, mesmo as dos profes e a do director.
Os nenos acusáronse uns aos outros, tirábanse pola montaña, metíanse en buracos, lanzábanse pedras, zapatos...os profes non sabían que facer!.
Os nenos dixéronllo ás familias. Os pais e nais culpáronse por teléfono. Acabaron enfadados e pelexados uns cos outros.
Ante aquela catástrofe e aquel caos, mandaron vir ao inspector Maximinius. Tras días e días de búsqueda atrapou ao trasno.
Cando pillaron a Trasnoteca, quixeron exilialo, pero como o cole sen el non tiña sentido, chegaron a un acordo: Trasnoteca podería vivir na biblioteca a cambio de ser superlimpo, ter os libros ordenados, non volver roubar e contar historias aos nenos.
Desfixéronse da montaña para que non poidera haber máis trasnos. Os nenos quedaron tristes, pero consolábanse coas fascinantes historias que contaba Trasnoteca.
Hoxe en día, o cole chámase "Padre Feijoo". No lugar da montaña temos un areeiro, un campo de bolei e un muro aburrido. Tamén temos unha fermosa biblioteca e un trasno...


                       Historia escrita polos nenos e nenas de 4ºB




25 DE NOVEMBRO

Para conmemorar o día 2 da Violencia de Xénero, o 25 de novembro, o Concello de Allariz en colaboración coa Biblioteca Escolar organizou un contacontos para o alumnado de segundo de Primaria. O título da obra representada é " Unha historia fantástica: O amor entre nenos e nenas"




jueves, 22 de noviembre de 2018

NOVIDADES EN PRIMARIA

Ola rapaces, 
Seguimos con máis novidades de cómic manga. 
Os novos títulos son da Colección BLACK BUTLER.
A aristocrática familia Phantomhive posúe unha espléndida mansión e un próspero negocio, pero do que están máis orgullosos é do seu asistente, un asistente realmente…infernal. 


Escrito e debuxado pola xaponesa Yana Toboso. 



jueves, 15 de noviembre de 2018

16 DE NOVEMBRO. DÍA DAS LIBRERÍAS



Por oitavo ano consecutivo, en toda España celébrase o DÍA DAS LIBRERÍAS.
Xa sabedes que non todas as librerías son iguais, hainas moi grandes ou pequenas, modernas ou antigas, con libros novos ou con libros vellos...pero todas, con algo moi especial.
Neste vídeo podedes ver algunhas das librerías máis impresionantes que hai ao redor do mundo. ESPECTACULARES!

Non deixedes de entrar hoxe nalgunha librería. Moitas delas neste día teñen diferentes actividades: presentación dun libro, charlas, contacontos...








domingo, 11 de noviembre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo do día da Biblioteca Escolar os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria puideron disfrutar de diversas actividades, na sala de usos múltiples-biblioteca de Primaria.
O programa contou con contacontos para Educación Infantil e para os nenos e nenas de Primaria, a mestra Carmen (con axuda de imaxes) contounos a historia 'O ano que os pitos perderon a cabeza'. Que caladiños estiveron todos....
  


Resultado de imagen de o ano en que os pitos

NOVIDADES EN PRIMARIA

Rapaces, xa temos máis novidades na Biblioteca. 
Aos nenos e nenas que vos guste o Manga...estades de sorte, xa temos a colección completa de POKÉMON.
A disfrutar!

martes, 6 de noviembre de 2018

RESPOSTAS ÁS ENQUISAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Dende o equipo de Biblioteca gustaríanos responder aos comentarios ou suxestións relacionados co material incluído na Mochila Viaxeira.

  • Que libros, revistas...nos recomendarían para poñer noutra ocasión na mochila?


1.- RECOMENDACIÓN PARA CAMBIAR DVD COCO EN 3º: Aínda que non atopamos restriccións de idades con esta película, se recibimos máis comentarios de cambio, terémolo en conta. Moitas grazas pola suxestión.

2.- REVISTA 'QUO' EN LUGAR DE 'MUY INTERESANTE'- Apuntámolo para o ano que vén e valorarémolo. Moitas grazas.

3.- INCLUIR XORNAL DE NOTICIAS DE ADULTOS PARA NENOS MAIORES: Agradecemos a suxestión pero consideramos que non é posible. As revistas cámbianse unha vez ao mes e as noticias do xornal quedarían moi obsoletas pasado o día, aínda así, moitas grazas por colaborar na enquisa.

4.- COLECCIÓN ISADORA MOON E B. JONES: A colección de Isadora aínda non a temos dispoñible na Biblioteca, mentres que a de B.Jones, si. Pode disfrutar dela levando os libros como préstamo para casa cando queira. Grazas pola recomendación.


  • Outras suxestions ou actividades para facer relacionadas coa biblioteca escolar.
1.- CONTACONTOS : Xa o facemos en canto temos oportunidade. Grazas pola suxestión.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR CUBRINDO A ENQUISA DA MOCHILA VIAXEIRA. É A ÚNICA MANEIRA DE PODER VALORAR O CONTIDO DO MATERIAL QUE VAI NELA.