Biblioteca, Trasnoteca.
Trasnoteca, Biblioteca...
Pero...Como chegou este trasno ata aquí?.Velaquí a verdadeira historia...
UN COLE DE LENDA
Fai moito tempo no patio do cole " Milfollas" había unha montaña.
A todos os nenos e nenas da vila lles encantaba correr e tirarse por alí, pasábano xenial, pero non sempre sucedían cousas boas...
Nun buraco que os nenos fixeran vivía un trasno porcallán que practicaba boxeo cunha folla. Codiciaba as merendas e chamábase Trasnoteca.
Un día, bo para Trasnoteca e malo para os nenos, ao trasno deulle por roubar todas as merendas, mesmo as dos profes e a do director.
Os nenos acusáronse uns aos outros, tirábanse pola montaña, metíanse en buracos, lanzábanse pedras, zapatos...os profes non sabían que facer!.
Os nenos dixéronllo ás familias. Os pais e nais culpáronse por teléfono. Acabaron enfadados e pelexados uns cos outros.
Ante aquela catástrofe e aquel caos, mandaron vir ao inspector Maximinius. Tras días e días de búsqueda atrapou ao trasno.
Cando pillaron a Trasnoteca, quixeron exilialo, pero como o cole sen el non tiña sentido, chegaron a un acordo: Trasnoteca podería vivir na biblioteca a cambio de ser superlimpo, ter os libros ordenados, non volver roubar e contar historias aos nenos.
Desfixéronse da montaña para que non poidera haber máis trasnos. Os nenos quedaron tristes, pero consolábanse coas fascinantes historias que contaba Trasnoteca.
Hoxe en día, o cole chámase "Padre Feijoo". No lugar da montaña temos un areeiro, un campo de bolei e un muro aburrido. Tamén temos unha fermosa biblioteca e un trasno...
Historia escrita polos nenos e nenas de 4ºB
No hay comentarios:
Publicar un comentario