Este curso quixemos comezar coas Mochilas Viaxeiras cos nenos de 5 anos.As titoras de Educación Infantil elixiron a principio de curso 40 libros, entre contos ilustrados, de divulgación, letra manuscrita...e repartíronse en 2 grupos, tendo en conta tamén un reparto equitativo segundo a lingua empregada, castelán ou galego. Os venres de cada semana os alumnos/as de 5 anos elixen un conto e lévano para casa nunhas mochilas que se mercaron para protexelos, xa que os hai ilustrados de gran tamaño. Para facilitar o seu reparto no comedor,pois a gran maioría fai uso destes servizos, identificouse cada mochila coa foto e nome de cada alumno/a.
No hay comentarios:
Publicar un comentario