RESPOSTAS ÁS ENQUISAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
Dende o Equipo de Biblioteca continuamos recibindo suxestions para o funcionamento da Mochila Viaxeira.
- Que libros, revistas...nos recomendarían para poñer noutra ocasión na mochila?
- RECOMENDACIÓN DE ENGADIR O LIBRO GERÓNIMO STILTON- Esta colección xa ten o seu tempiño, e en moitas ocasións optamos por incluir na mochila, na medida do posible, novidades que saen no mercado. Aínda así, pódese coller en calquera momento na biblioteca. Temos a colección completa.
- INCLUIR LIBROS QUE FOMENTEN A IGUALDADE, QUE "DESMONTAN" ESTEROTIPOS, QUE FALEN SOBRE OS DISTINTOS "MODELOS" DE FAMILIA. Boa recomendación, pero de momento os libros dos que dispoñemos e/ou coñecemos, están encamiñados a nenos pequenos, de Infantil e Primeiro Ciclo. Se algún lector coñece algún título que nos poida axudar a incluilo, que nolo faga saber. Grazas.
- PARA PAIS: "COMO HABLAR PARA QUE SUS HIJOS LE ESCUCHEN, COMO ESCUCHAR PARA QUE SUS HIJOS LE HABLEN" ADELE FASER/ELAINE MAZLISH. Interesante proposta. Este ano xa non é posible incluílo pero terémolo moi en conta para vindeiros anos. Grazas pola suxestión.
- Outras suxestións ou actividades para facer relacionadas coa biblioteca escolar.
- PROXECTO LECTOR: MEDIA HORA DE LECTURA DIARIA NA AULA DO LIBRO QUE O ALUMNADO ESCOLLA. Esta actividade xa se leva facendo no colexio dende fai anos. Grazas igualmente. Dende o equipo da Biblioteca dámoslles as grazas a todos polos seus comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario