jueves, 20 de junio de 2019

FELIZ VERAN

Chegamos ao final da nosa andadura bibliotecaria neste curso. 
As portas da nosa biblioteca péchanse durante uns meses para abrilas con novos libros, ideas e actividades en setembro.
Dende o equipo de biblioteca queriamos agradecer a familias, nenos/as e compañeiros/as a vosa colaboración durante estes meses. 
Desexámosvos un feliz verán cheo de lecturas e de bos momentos.




miércoles, 19 de junio de 2019

MAIOR LECTOR

E o neno ou nena que máis libros leu este ano é...
MATÍAS de 5º A.
Non podía quedar sen diploma.
Os nosos parabéns!!!
E....non deixes de LER.

XORNADA DE CONVIVENCIA

Este martes, despois dos merecidos agasallos, os colaboradores de 6º de Primaria xunto cos colaboradores do Instituto disfrutaron dunha xornada de convivencia na vila. Aínda que o tempo non acompañou puideron comer preto do río Arnoia e facer unha visita guiada no Museo do Coiro.
O ano que vén....REPETIREMOS!!!!






DESPEDIDA DE COLABORADORES

Esta semana foi de despedidas e unha das máis sentidas foi a dos nosos colaboradores de biblioteca.
Os nenos e nenas de 6º vanse, despois de dous anos renunciando a disfrutar dos  patios os días que tiñan quenda para que a biblio funcionara. Que faríamos sen eles!!!.
E por outra banda, os de 5º, que esperamos e desexamos que o pasaran ben, que aprenderan moitas cousas e....que repitan para o curso que vén. Que faríamos sen eles tamén!!!. 
Todos eles recibiron un pequeno agasallo como agradecemento polo seu tempo e adicación. 
A todos e todas....MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!! 






domingo, 9 de junio de 2019

NOTA INFORMATIVA

Nota informativa,
A nosa Biblioteca xa está preparándose para pechar as súas portas. Nestas semanas que faltan os nenos e nenas que teñan algún libro na súa casa deben devolvelo aos colaboradores da biblio.
Nas horas do patio pódese ir a ler pero xa non podemos prestar ningún libro.
Grazas.

jueves, 9 de mayo de 2019

DÍA DO LIBRO

Con motivo do día do libro no colexio fixéronse diferentes actividades relacionadas con esta data tan especial.
Todas son importantes, pero gustaríanos destacar a elaboración dun libro dixital grazas aos microrrelatos escritos polos alumnos. Este libro podédelo ver no Blog das Tics. 
E tamén, grazas a colaboración das familias, hai unha exposición fotográfica no colexio co título ''EU LEO AQUÍ, EU LEO ASÍ''.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR COLABORAR!!!!
  

sábado, 13 de abril de 2019

TEMPO DE LECER

Nenas e nenos, xa chegaron as tan desexadas vacacions. Tempo de lecer, de descanso, para xogar... e tamén  para ler. Se o tempo acompaña, aproveitade para facelo ao aire libre e...non vos esquezades de sacarvos unha fotiño para EU LEO AQUÍ, EU LEO ASÍ.

lunes, 8 de abril de 2019

KIBUKO

Hoxe tivemos o pracer de ter como convidado ao escritor Xavier Estévez, autor do libro Kibuko.



Este foi o libro escollido polas mestras de 5º como parte do plan de fomento da lectura no centro, e cabe dicir que, foi todo un éxito.
Os nenos/as estiveron moi atentos a todo o que contou o escritor e non dubidaron en facerlle moitas preguntas.


Nós, quedámonos cunha frase súa "A lectura é un acto de valentes porque deixas de estar tranquilo na túa casa, para estar na cuberta dun barco de piratas ou nunha casa encantada cunha pantasma ou..."
E quedámonos tamén co seu libro adicado. 

Grazas pola visita.

domingo, 7 de abril de 2019

EU LEO AQUÍ, EU LEO ASÍ


Prezadas familias,

Con motivo da celebración do Día do Libro solicitamos a colaboración voluntaria das familias para poder levar a cabo a actividade EU LEO AQUÍ, EU LEO ASÍ. Dita actividade consiste na realización dunha exposición fotográfica nos corredores do colexio de Infantil e Primaria con imaxes orixinais das nenas e nenos nas que se recolla un momento de lectura.

Bases:
  1. Cada alumna e alumno presentará unha foto.
  2. A temática será o hábito lector.
  3. Tamaño 15x20 (tamaño máximo). Virá pegada nunha cartolina a modo de marco (a cartolina poderá vir decorada).
  4. Data límite de entrega : 23 de Abril.


martes, 2 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.


 
Coma todos os días, esperámosvos na Biblioteca do cole, para que pasedes un bo rato, cun bo libro, lendo unha boa historia. 

sábado, 30 de marzo de 2019

DÍA DO TEATRO

O 27 de Marzo celébrase o Día Mundial do Teatro.Dita celebración foi creada polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) en 1961 e durante este día celébranse en todo o mundo actos e eventos relacionados coa escena.
No noso centro tamén levamos a escena diferentes obras de teatro, pero non soamente son os nenos os actores, tamén os mestres se animan a subir ao escenario.
Aquí temos un vídeo con algunhas imaxes das obras representadas no colexio.














.

martes, 26 de marzo de 2019

NOVIDADES


Este mes ven cargadiño de libros novos. Aquí tedes máis novidades e seguro que algún é do voso agrado.

                    

jueves, 21 de marzo de 2019

21 MARZO DÍA DA POESÍA

As poesías infantís nutren a imaxinación dos máis pequenos grazas á musicalidade das súas rimas. É un xénero non tan popular, pero moi adecuado para os nenos. Permítelles xogar coas palabras e acércaos a un mundo con infinitas posibilidades. 
No colexio, os nenos da clase de 5ºA adicaron un pouquiño da mañá a buscar cada un a súa poesía favorita e recitarlla aos demáis compañeiros. 


NOVIDADES

E para os que non son tan pequenos, tamén temos novidades na Biblio.
Algúns deles estabades desexando que chegaran.
Pois xa os tedes....veña.....non perdades tempo!!!!

NOVIDADES

Para os máis pequenos temos libros novos. Esperamos que vos gusten un montón.




miércoles, 13 de marzo de 2019

LA VACA QUE PUSO UN HUEVO

Adorable conto sobre Macarena, unha vaca...moi especial.
Preme na imaxe e coñecerás a súa historia.

https://www.youtube.com/watch?v=IRPUoD4TDbw

E temos o libro na Biblio!!!!

VIVIR NO SOLO

Este é o título dun cómic creado polo Consello de Cultura Galega, que acaba de ser reeditado, e é utilizado como recurso didáctico en museos e parques naturais coma o de Nebrodi (Sicilia).
Como nos parece que a noticia  ten importancia deixámosvos a ligazón para que lle botedes unha ollada.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/11/06/comic-gallego-sensibiliza-sobre-necesidad-proteger-suelo-traduce-cuatro-idiomas/0003_201611G6P31991.htm

miércoles, 6 de marzo de 2019

ZENDA

 Recomendamos esta web literaria con novidades, artigos, recomendacións... Nela, participan autores, críticos e periodistas literarios. 



RESPOSTAS AS ENQUISAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Respondemos ás suxestións relacionadas coa Mochila Viaxeira:
  • Que libros, revistas...nos recomendarían para poñer noutra ocasión na mochila?
  1. RECOMENDACIÓN PARA ENGADIR O LIBRO 'THE CRAZY HAACKS' : Acabamos de recibir este libro, haberá que botarlle unha ollada e valoralo. Grazas.
  2. RECOMENDACIÓN DE INCLUIR O LIBRO 'DE MAYOR QUIERO SER FELIZ': Este libro xa estivo na mochila nalgún curso anterior. 
  3. RECOMENDACIÓN PARA ENGADIR O LIBRO 'MI HERMANO PERSIGUE DINOSAURIOS' : Tampouco coñeciamos este libro, pero pola sinopsis que acabamos de ler en Google, parece moi recomendable. Igual que os anteriores, botarémoslle unha ollada e o valoraremos. Grazas.
  4. RECOMENDACIÓN PARA ENGADIR 'MORTADELO Y FILEMÓN': Está toda a colección na biblioteca. Pódese levar á casa en calquera momento en préstamo.
  5. INCLUIR OS CONTOS DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN. Un clásico de toda a vida que supoñemos xa está na maioría das casas. 
  6. RECOMENDACIÓN PARA INCLUIR ALGÚN LIBRO RELACIONADO CON MÉTODOS DE ESTUDIO. Tomamos nota da recomendación.
  7. INCORPORAR MÚSICA. Se é complicado escoller libros para unha variedade moi ampla de lectores, canto máis música. Galego, castelán, inglés, tradicional, pop, actual....? A suxerencia queda rexistrada, e veremos o que se pode facer. 
  • Outras suxestións ou actividades para facer relacionadas coa biblioteca escolar.
  1. TALLERES OU CLUBES DE LECTURA: Interesante suxestión. Estamos a valorala. 
  2. MÁIS TEMPO NA CASA A MOCHILA VIAXEIRA: Moitos comentarios van encamiñados á falta de tempo para ver todo o material, de verdade que o sentimos, pero xa dixemos que para a organización desta actividade, a mochila soamente pode estar unha semana en cada casa.
      MOITAS GRAZAS A TODOS OS QUE ADICARON UNS MINUTIÑOS A ESCRIBIR A NOSA ENQUISA.



miércoles, 27 de febrero de 2019

PADRE FEIJOO

Aparece o primeiro poema escrito polo Padre Feijoo, un achádego moi importante porque significa que empezou a escribir moito antes do que se pensaba. Podedes ler máis sobre a noticia, premendo sobre a imaxe.


ENTROIDO

E por fin....xa chegou.... xa está aquí.....a semana de..... Entroido!!!!
Espéranos unha semana de moitos preparativos, ensaios, nervios e ilusión. Na biblioteca tedes expostos libros de disfraces e manualidades con diferentes materiais,,,,porque esta é unha época especial para deixar voar a nosa imaxinación e crear cousas fabulosas. 
Pasádeo moi ben , amiguiños!












viernes, 22 de febrero de 2019

ARTIGO

Levar aos nenos á biblioteca é unha actividade familiar moi enriquecedora. 
No seguinte artigo podedes ler moitas das vantaxes que ten, acudir a este centro cultural cos cativos.


DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Un ano máis celebrouse no colexio o Día de Rosalía de Castro con diferentes actividades. Pódense ver ditas actividades na páxina web xeral do centro e no blog das Tics.
No blog da biblioteca queremos engadir un enlace con todas as actividades que se realizarán por toda Galicia para conmemorar este día.






 

miércoles, 20 de febrero de 2019

PEQUENOS GRANDES POETAS

Anticipándonos ao Día Mundial da Poesía (21 de Marzo) queremos amosar esta fermosa poesía escrita por un alumno do colexio. 
Sentimento, agarimo, amizade, delicadeza, tenrura...agólpanse nestas breves pero sentidas liñas.

O MEU MELLOR AMIGO

Amigo coma unha estrela.
Os amigos nunca te defraudan.

Amigo, non te enfades máis!
Xogaremos xuntos ao pilla.

Amigo, non te enfades máis!
Se queres falar, pois fala.

Amigo, nunca te defraudarei,
seremos felices sempre.

A noite amence como a folla no lago.
Amigo, xa nos separamos. Adeus! Adeus!

                                          Yihan Jin (4ºB)

martes, 19 de febrero de 2019

SAN VALENTÍN


Na Biblioteca celebramos o día de San Valentín á nosa maneira, decorando a porta e poñendo á vosa disposición libros con bonitas historias. 












NOVIDADES

Ola rapaces, estades de noraboa porque neste mes, temos moitos, moitos libros novos. Para grandes, para pequenos, en castelán, galego, inglés, cómics, narrativa, manualidades, xogos...
Neste vídeo podedes ver as portadas deles.


sábado, 9 de febrero de 2019

ÑAM, ÑAM

Se vos gustou a historia de Roberto e o escultor de nubes, máis vos gustará coñecer a Enrique, o neno que.....COMÍA LIBROS!!!!                                                             
Resultado de imagen de el increible niño come libros

E temos o libro á vosa disposición.

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O 30 de Xaneiro é un día importante, non soamente porque celebramos o Día da Paz, senón porque tamén é un día para lembrar o importante papel que ten o ilustador no mundo da cultura. Por iso, dende a nosa biblioteca queremos facer unha pequena homenaxe a todos eses homes e mulleres que poñen debuxos, imaxes,...a calquera texto escrito.

O ilustrador escollido este ano na biblioteca é Castelao, coincidindo esta data co aniversario do seu nacemento. Castelao non soamente foi político e escritor, senón tamén un gran debuxante. 


Na exposición poderedes ver algunhas das súas obras como ilustrador.

viernes, 25 de enero de 2019

ROBERTO Y EL ESCULTOR DE NUBES

Coñecedes a historia de Roberto?. Roberto coñeceu a alguén que esculpía nubes e...



NOVIDADES INFANTIL

Para os máis cativos do colexio tamén hai lecturas novas en galego e castelán.

NOVIDADES PRIMARIA

Ola nenos, temos novidades na Biblio. Estos tres Atlas: de cociña, de monstuos e de cidades.

E este libro para practicar yoga na casa.


  

miércoles, 23 de enero de 2019

PREMIOS EDEBÉ 2019

A Editorial Edebé, na súa XXVII convocatoria de Premios de Literatura Infantil e Xuvenil premia nesta edición, a dúas coñecidas escritoras, Maite Carranza e Elia Barceló.  Nas súas obras faise unha homenaxe a personaxes ben coñecidos coma Tarzán (Maite Carranza) e Frankenstein (Elia Barceló).
Neste enlace podedes ver un dos moitos artigos publicados hoxe.

https://www.elperiodico.com/es/ocio-y-cultura/20190123/maite-carranza-elia-barcelo-premios-edebe-2019-7262459

Resultado de imagen de tarzán dibujos Resultado de imagen de frankenstein dibujos

As obras premiadas aínda non están publicadas pero na Bibilioteca temos libros destes personaxes tan coñecidos. 

lunes, 14 de enero de 2019

NOVIDADES PRIMARIA

Ola de novo rapaces, despois destes días  de merecido descanso, de xogos e esperamos que de boa lectura...dámosvos a benvida outra vez ao colexio con novidades na biblioteca. Vinde a velas. Gustaranvos.

PLUM. Historias gatunas.
Máis libros para coleccións xa existentes.

RESPOSTAS AS ENQUISAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Continuamos recibindo suxestións relacionadas coa Mochila Viaxeira:
  • Que libros, revistas...nos recomendarían para poñer noutra ocasión na mochila?
  1. RECOMENDACIÓN PARA ENGADIR ALGÚN LIBRO DE CONTIDO HISTÓRICO E ALGÚN LIBRO-XOGO OU DIXITAL : Teremos en conta as suxestións, especialmente o libro-xogo ou dixital, aínda que os libros dese tipo dos que dispoñemos de momento na biblioteca están dirixidos a nenos e nenas de Infantil e Primeiro e Segundo de Primaria. 
  • Outras suxestións ou actividades para facer relacionadas coa biblioteca escolar.
  1. TALLERES OU CLUBES DE LECTURA, NO QUE SE POIDERAN COMPARTIR OPINIÓNS E RECOMENDACIÓNS. ALGUNHA PEQUENA REPRESENTACIÓN TEATRAL PARA OS NENOS, PARA LEVAR OS LIBROS Á VIDA REAL. Non é a primeira suxestión que recibimos deste tipo e estamos traballando de cara ao curso que vén para ver se é posible. 
  2. MÁIS TEMPO NA CASA A MOCHILA VIAXEIRA: Sentimos dicir que non é posible. O tempo  está distribuido en semanas, para que todos os nenos de cada aula  poidan levala. Non hai tempo para máis. De todas maneiras, lembramos que parte do material da mochila está dispoñible na biblioteca durante todo o curso e podería levarse á casa coma préstamo.

Dende o equipo da biblioteca volvemos a agradecer todos os comentarios ou suxestiòns das enquisas.  
Resultado de imagen de frases sobre lectura