- Que libros, revistas...nos recomendarían para poñer noutra ocasión na mochila?
- RECOMENDACIÓN PARA ENGADIR ALGÚN LIBRO DE CONTIDO HISTÓRICO E ALGÚN LIBRO-XOGO OU DIXITAL : Teremos en conta as suxestións, especialmente o libro-xogo ou dixital, aínda que os libros dese tipo dos que dispoñemos de momento na biblioteca están dirixidos a nenos e nenas de Infantil e Primeiro e Segundo de Primaria.
- Outras suxestións ou actividades para facer relacionadas coa biblioteca escolar.
- TALLERES OU CLUBES DE LECTURA, NO QUE SE POIDERAN COMPARTIR OPINIÓNS E RECOMENDACIÓNS. ALGUNHA PEQUENA REPRESENTACIÓN TEATRAL PARA OS NENOS, PARA LEVAR OS LIBROS Á VIDA REAL. Non é a primeira suxestión que recibimos deste tipo e estamos traballando de cara ao curso que vén para ver se é posible.
- MÁIS TEMPO NA CASA A MOCHILA VIAXEIRA: Sentimos dicir que non é posible. O tempo está distribuido en semanas, para que todos os nenos de cada aula poidan levala. Non hai tempo para máis. De todas maneiras, lembramos que parte do material da mochila está dispoñible na biblioteca durante todo o curso e podería levarse á casa coma préstamo.
Dende o equipo da biblioteca volvemos a agradecer todos os comentarios ou suxestiòns das enquisas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario