miércoles, 12 de diciembre de 2018

NOVIDADES PRIMARIA

Ola rapaces, como xa sabemos que os libros de ciencias vos gustan moito e en especial os de animais, xa podedes botarlle unha ollada ou levar para casa, esta colección de National Geographic.


Tamén tedes 4 marabillosos libros da autora Carmen Gil. Seguro que vos gustan. 


Resultado de imagen de carmen gil

RESPOSTAS ÁS ENQUISAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Dende o Equipo de Biblioteca continuamos recibindo suxestions para o funcionamento da Mochila Viaxeira.
  • Que libros, revistas...nos recomendarían para poñer noutra ocasión na mochila?
  1.  RECOMENDACIÓN DE ENGADIR O LIBRO GERÓNIMO STILTON- Esta colección xa ten o seu tempiño, e en moitas ocasións optamos por incluir na mochila, na medida do posible, novidades que saen no mercado. Aínda así, pódese coller en calquera momento na  biblioteca. Temos a colección completa.
  2. INCLUIR LIBROS QUE FOMENTEN A IGUALDADE, QUE  "DESMONTAN" ESTEROTIPOS, QUE FALEN SOBRE OS DISTINTOS "MODELOS" DE FAMILIA. Boa recomendación, pero de momento os libros dos que dispoñemos e/ou coñecemos, están encamiñados a nenos pequenos, de Infantil e Primeiro Ciclo. Se algún lector coñece algún título que nos poida axudar a incluilo, que nolo faga saber. Grazas. 
  3. PARA PAIS: "COMO HABLAR PARA QUE SUS HIJOS LE ESCUCHEN, COMO ESCUCHAR PARA QUE SUS HIJOS LE HABLEN" ADELE FASER/ELAINE MAZLISH. Interesante proposta. Este ano xa non é posible incluílo pero terémolo moi en conta para vindeiros anos. Grazas pola suxestión.
  • Outras suxestións ou actividades para facer relacionadas coa biblioteca escolar.
  1. PROXECTO LECTOR: MEDIA HORA DE LECTURA DIARIA NA AULA DO LIBRO QUE O ALUMNADO ESCOLLA. Esta actividade xa se leva facendo no colexio dende fai anos. Grazas igualmente. Dende o equipo da Biblioteca dámoslles as grazas a todos polos seus comentarios.

NOVIDADES EN INFANTIL

Os máis pequenos do cole xa podedes disfrutar na vosa biblioteca de novos libros. 
Esperamos que vos gusten!.



jueves, 6 de diciembre de 2018

ENCONTRO CON AUTORA



Esta semana tivemos un encontro coa autora do libro "O misterio de Portomarín", Antía Yáñez Rodríguez.
Este libro foi o escollido, dentro do Plan lector, para os nenos de sexto de primaria dos colexios de Xunqueira de Ambía e Padre Feijoo.

miércoles, 28 de noviembre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS EN INFANTIL

Este curso quixemos comezar coas Mochilas Viaxeiras cos nenos de 5 anos.As titoras de Educación Infantil elixiron a principio de curso 40 libros, entre contos ilustrados, de divulgación, letra manuscrita...e repartíronse en 2 grupos, tendo en conta tamén un reparto equitativo segundo a lingua empregada, castelán ou galego. Os venres de cada semana os alumnos/as de 5 anos elixen un conto e lévano para casa nunhas mochilas que se mercaron para protexelos, xa que os hai ilustrados de gran tamaño. Para facilitar o seu reparto no comedor,pois a gran maioría fai uso destes servizos, identificouse cada mochila coa foto e nome de cada alumno/a.



martes, 27 de noviembre de 2018

UN COLE DE LENDA

Biblioteca, Trasnoteca.
Trasnoteca, Biblioteca...
Pero...Como chegou este trasno ata aquí?.
Velaquí a verdadeira historia...


                                UN COLE DE LENDA


Fai moito tempo no patio do cole " Milfollas" había unha montaña.
A todos os nenos e nenas da vila lles encantaba correr e tirarse por alí, pasábano xenial, pero non sempre sucedían cousas boas...
Nun buraco que os nenos fixeran vivía un trasno porcallán que practicaba boxeo cunha folla. Codiciaba as merendas e chamábase Trasnoteca.

Un día, bo para Trasnoteca e malo para os nenos, ao trasno deulle por roubar todas as merendas, mesmo as dos profes e a do director.
Os nenos acusáronse uns aos outros, tirábanse pola montaña, metíanse en buracos, lanzábanse pedras, zapatos...os profes non sabían que facer!.
Os nenos dixéronllo ás familias. Os pais e nais culpáronse por teléfono. Acabaron enfadados e pelexados uns cos outros.
Ante aquela catástrofe e aquel caos, mandaron vir ao inspector Maximinius. Tras días e días de búsqueda atrapou ao trasno.
Cando pillaron a Trasnoteca, quixeron exilialo, pero como o cole sen el non tiña sentido, chegaron a un acordo: Trasnoteca podería vivir na biblioteca a cambio de ser superlimpo, ter os libros ordenados, non volver roubar e contar historias aos nenos.
Desfixéronse da montaña para que non poidera haber máis trasnos. Os nenos quedaron tristes, pero consolábanse coas fascinantes historias que contaba Trasnoteca.
Hoxe en día, o cole chámase "Padre Feijoo". No lugar da montaña temos un areeiro, un campo de bolei e un muro aburrido. Tamén temos unha fermosa biblioteca e un trasno...


                       Historia escrita polos nenos e nenas de 4ºB




25 DE NOVEMBRO

Para conmemorar o día 2 da Violencia de Xénero, o 25 de novembro, o Concello de Allariz en colaboración coa Biblioteca Escolar organizou un contacontos para o alumnado de segundo de Primaria. O título da obra representada é " Unha historia fantástica: O amor entre nenos e nenas"




jueves, 22 de noviembre de 2018

NOVIDADES EN PRIMARIA

Ola rapaces, 
Seguimos con máis novidades de cómic manga. 
Os novos títulos son da Colección BLACK BUTLER.
A aristocrática familia Phantomhive posúe unha espléndida mansión e un próspero negocio, pero do que están máis orgullosos é do seu asistente, un asistente realmente…infernal. 


Escrito e debuxado pola xaponesa Yana Toboso. 



jueves, 15 de noviembre de 2018

16 DE NOVEMBRO. DÍA DAS LIBRERÍAS



Por oitavo ano consecutivo, en toda España celébrase o DÍA DAS LIBRERÍAS.
Xa sabedes que non todas as librerías son iguais, hainas moi grandes ou pequenas, modernas ou antigas, con libros novos ou con libros vellos...pero todas, con algo moi especial.
Neste vídeo podedes ver algunhas das librerías máis impresionantes que hai ao redor do mundo. ESPECTACULARES!

Non deixedes de entrar hoxe nalgunha librería. Moitas delas neste día teñen diferentes actividades: presentación dun libro, charlas, contacontos...








domingo, 11 de noviembre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo do día da Biblioteca Escolar os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria puideron disfrutar de diversas actividades, na sala de usos múltiples-biblioteca de Primaria.
O programa contou con contacontos para Educación Infantil e para os nenos e nenas de Primaria, a mestra Carmen (con axuda de imaxes) contounos a historia 'O ano que os pitos perderon a cabeza'. Que caladiños estiveron todos....
  


Resultado de imagen de o ano en que os pitos

NOVIDADES EN PRIMARIA

Rapaces, xa temos máis novidades na Biblioteca. 
Aos nenos e nenas que vos guste o Manga...estades de sorte, xa temos a colección completa de POKÉMON.
A disfrutar!

martes, 6 de noviembre de 2018

RESPOSTAS ÁS ENQUISAS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Dende o equipo de Biblioteca gustaríanos responder aos comentarios ou suxestións relacionados co material incluído na Mochila Viaxeira.

  • Que libros, revistas...nos recomendarían para poñer noutra ocasión na mochila?


1.- RECOMENDACIÓN PARA CAMBIAR DVD COCO EN 3º: Aínda que non atopamos restriccións de idades con esta película, se recibimos máis comentarios de cambio, terémolo en conta. Moitas grazas pola suxestión.

2.- REVISTA 'QUO' EN LUGAR DE 'MUY INTERESANTE'- Apuntámolo para o ano que vén e valorarémolo. Moitas grazas.

3.- INCLUIR XORNAL DE NOTICIAS DE ADULTOS PARA NENOS MAIORES: Agradecemos a suxestión pero consideramos que non é posible. As revistas cámbianse unha vez ao mes e as noticias do xornal quedarían moi obsoletas pasado o día, aínda así, moitas grazas por colaborar na enquisa.

4.- COLECCIÓN ISADORA MOON E B. JONES: A colección de Isadora aínda non a temos dispoñible na Biblioteca, mentres que a de B.Jones, si. Pode disfrutar dela levando os libros como préstamo para casa cando queira. Grazas pola recomendación.


  • Outras suxestions ou actividades para facer relacionadas coa biblioteca escolar.
1.- CONTACONTOS : Xa o facemos en canto temos oportunidade. Grazas pola suxestión.

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR CUBRINDO A ENQUISA DA MOCHILA VIAXEIRA. É A ÚNICA MANEIRA DE PODER VALORAR O CONTIDO DO MATERIAL QUE VAI NELA.


miércoles, 31 de octubre de 2018

PREMIO NACIONAL DE TRADUCIÓN

Dende a nosa Biblioteca, os nosos parabéns á ourensana Neila García Salgado polo seu Premio Nacional á Mellor Traducción 2018. Este premio distingue a tradución dunha obra escrita orixinariamente en lingua extranxeira a calquera das linguas españolas e que foran publicadas por primeira vez en España en 2107.
 A obra pola que foi galardonada é 'Encontraste un alma. Poesía completa' da escritora sueca Edith Södergran.




domingo, 28 de octubre de 2018

QUE MEDO DE LIBRO!!!

Ola rapaces,
 Samaín / Halloween xa chegou outro ano máis á Biblioteca do cole.
 Entre tanto libro, seguro que atopades algún que vos faga tremolar de medo (ou non tanto😅😅) e para que non perdades moito tempo buscando, xa sabedes que na entrada da Biblio tedes algúns exemplares expostos. Podedes escoller no idioma que queirades, galego, castelán e inglés.


  



BOA LECTURA!!!

miércoles, 24 de octubre de 2018

NOVIDADES EN INFANTIL

Os máis cativos xa podedes disfrutar dos novos libros que hai na vosa Biblioteca.






DÍA DAS ESCRITORAS


A Biblioteca Nacional de España celebra o 15 de Outubro, o Día das Escritoras. Dende a nosa Biblioteca podedes facerlle unha pequena homenaxe a tantas e tantas mulleres escritoras, lendo un libro escrito por algunha delas. 
Ademáis podedes ver este video onde "Non son todas as que están, nin están todas as que son".








                                                             

martes, 16 de octubre de 2018

NOVIDADES EN PRIMARIA


Ola rapaces, temos para vós 6 novos títulos da vosa bruxa preferida Brunilda.



Dous libros novos de Charlie Feelwood.


Tamén temos divertidas historias de David Walliams.


Para os seguidores de Zapatillas Rojas 


Libros moi interesantes de diferentes temas.


E moitas cousas máis...




MALETAS VIAXEIRAS


Ao noso cole, á Biblioteca, chegou unha das Maletas Viaxeiras da Consellería, cheíña de libros. Témolos á vosa disposición nas horas de recreo. 
Estes libros están directamente relacionados coa igualdade de xénero. Os/as mestr@s do cole aproveitaranos para traballar o tema nas aulas. 




lunes, 15 de octubre de 2018

A  BIBLIOTECA  MÁXICA



O xoves 11 de outubro, os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron no colexio á divertida obra de teatro "A Biblioteca Máxica", ofrecida pola Área de Cultura do Concello de Allariz. Trátase dunha obra de teatro musical a cargo da compañía Pallaso Piruleta & Cia. Nesta simpática obra Don Renato é un singular bibliotecario con poderes especiais para convivir cos seres máis estraños, para transformar contos ou para facer máxia. Non obstante atópase cun serio problema, encontrar un agasallo para un amigo. Finalmente os nenos e nenas de Infantil descubriron o agasallo que foi capaz de fabricar Don Renato. 








  


viernes, 12 de octubre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana as "Mochilas Viaxeiras" botaron a andar con moitas novidades para toda a familia.
Dende a Biblioteca esperamos que as disfrutedes moito.



lunes, 8 de octubre de 2018

O CAPITÁN GARFO

 Hoxe, os rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria foron a ver o espectáculo musical "O CAPITÁN GARFO" á Casa da Cultura.
Nesta ocasión, grazas ao Capitán Garfo,os nenos aprenderon de forma sinxela, hábitos alimenticios saudables, a importancia do almorzo,...
Tanto esta actuación coma a do venres pasado forman parte do programa "Ler conta moito", organizado pola Casa da Cultura de Allariz.


jueves, 4 de octubre de 2018

NOVOS LECTORES

E por fin chegou o día tan agardado. Puntuáis coma un reloxo abríronse as portas da Biblioteca na hora do recreo, e como non podía ser menos, tivemos dúas visitas moi especiais. 

Por unha banda, os máis pequeniños do cole de Primaria, os nenos de Primeiro, que estreábanse hoxe coma novos usuarios da Biblio. E a outra visita foi a dos axudantes da Trasnoteca.

Os axudantes explicaron aos nenos o funcionamento da Biblioteca, que libros poden coller, como hai que facer se queren levar libros para casa, como se teñen que comportar...e os nenos estiveron moi atentos a tódalas explicacions.

Aquí podedes velos a todos.








sábado, 29 de septiembre de 2018

DON QUIXOTE

Este venres os cursos de 4º, 5º e 6º fomos espectadores dunha obra de teatro na Casa da Cultura.

DON QUIXOTE.


Don Quixote é unha comedia gastronómica que mistura narración oral con cociña en directo. Contáronnos moitas historias e vimos a preparación dun "Potaje de vigilia", o mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser nomeado cabaleiro andante.



E o mellor de todo , puidémolo degustar!!!!
 Na biblioteca do colexio podedes seguir descubrindo as incríbles aventuras do máis famoso cabaleiro da nosa literatura española.



CURSO 2018/2019

                                  CURSO 2018/ 19

Ola rapaces,

Xa non queda nada para abrir as portas da nosa biblioteca. Moitos son os nenos que están desexando entrar, para poder ler novas historias, levar libros á casa, ver as novidades que hai....e sobretodo porque neste recunchiño do colexio deixamos voar á imaxinación e DISFRUTAMOS coa LECTURA.
Estarédesvos preguntando, cando?, cando podemos entrar?. 
O LUNS 1 de OUTUBRO.
Así que, ídevos preparando porque estamos na conta atrás.